Cultura colaborará na musealización e a búsqueda de usos polivalentes da Casa dos Capeláns de Padrón

203
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, acompañaron ao conselleiro de Cultura na visita á Casa dos Capeláns
Publicidade

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avaliará nos vindeiros meses distintas fórmulas de colaboración co Concello de Padrón para posibilitar a musealización e o aproveitamento con outros usos polivalentes da recentemente restaurada Casa dos Capeláns, situada a carón da antiga Colexiata de Iria Flavia.

Así o manifestou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, nunha visita na que estivo acompañado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, ademais dos responsables da obra de rehabilitación e doutros cargos da propia consellería.

Román Rodríguez aplaudiu o resultado das obras de restauración do inmoble, que se atopaba nun estado completamente ruinoso e que permitiu “recuperar e por en valor o gran atractivo do conxunto histórico que conforma xunto coa antiga Colexiata de Iria Flavia e as Casas dos Coengos, sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela”. Ditas obras supuxeron un investimento superior aos 420.000 euros, maioritariamente procedentes do Ministerio de Fomento con cargo ao denominado 1,5% Cultural.

O alcalde padronés amósalle un documento ao conselleiro en presenza do secretario xeral de Cultura

Tras coñecer a previsión do Concello de Padrón de orientar a utilización do recinto a usos museísticos e culturais, entre os que se atoparía a exhibición de pezas de arte sacro de gran valor, o conselleiro animou aos responsables municipais a elaborar un proxecto máis completo e polivalente para vincular aínda máis a Casa dos Capeláns á posta en valor da historia local e dos vínculos de Padrón coas orixes do fenómeno Xacobeo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome