A Academia de Ciencias Veterinarias analiza na apertura do curso a seguridade alimentaria na UE

A ACVG distinguiu cun diploma á estudante con mellor expediente académico no Grao de Veterinaria da USC no curso 2016/2017, María Catuxa Criado Herrero

125
A ACVG celebrou a sesión solemne de apertura do curso académico 2018 na sede da EGAP
Publicidade

A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG), que preside Antonio Crespo Iglesias, celebrou esta tarde no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, o acto solemne de apertura do curso 2018, que contou coa presenza de medio cento de académicos e veterinarios e incluiu unha conferencia maxistral sobre a seguridade alimentaria na Unión Europea.

Dita conferencia maxistral impartiuna o experto e consultor internacional en saúde pública José Ignacio Arranz Recio, ex director de Mercamadrid e da Axencia Española de Saúde Alimentaria e Nutrición (AESAN). Baixo o título “Análise do risco alimentario na UE: evolución das súas bases legais”, asegurou que se ben a sociedade actual “reivindica a saúde como unha variable continua, parece necesitar da presión social das crises alimentarias para non retroceder nos seus esforzos entusiastas en pos da inocuidade”.

Neste senso, Arranz Recio revelou a existencia dun “conflito de intereses económicos e sociais, que pon de manifesto que o avaliador de riscos centralizado para toda a UE, a European Food Safety Authority, ademais de actuar con independencia e excelencia, necesita sustanciala para resultar crible ante determinados grupos de consumidores”.

Ademais do presidente da ACVG, Antonio Crespo Iglesias, e do conferenciante maxistral, a sesión solemne de apertura do curso contou tamén coa participación do director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; da vicerreitora de Organización Académica da USC, Celia Besteiro Rodríguez;  do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; do académico de número e fundador da ACVG José Luis Benedito Castellote; e da secretaria en funcións da ACVG, Pilar Bermejo Díaz de Rábago.

No transcurso do acto, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia distinguiu cun diploma á alumna do Grado de Veterinaria da USC María Catuxa Criado Herrero, por conseguir no curso 2016/2017 o mellor expediente académico cunha nota media de 9,335. O diploma recolleuno un familiar por atoparse ela traballando no estranxeiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome