A Casa do Patrón recompila nun libro a súa historia como ecomuseo etnográfico

336
A presentación do libro celebrouse nos salóns do Centro Comercial Compostela
Publicidade

 

O ecomuseo lalinense A Casa do Patrón vén de recompilar a súa historia etnográfica nunha publicación editada por Miguel Ángel Martínez Coello e impulsada polo responsable do museo, Manuel Blanco, e a súa familia.

O libro “A Casa do Patrón. O gran ecomuseo do mundo rural galego” foi presentado onte en Santiago nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Durante a súa intervención, o conselleiro destacou á Casa do Patrón como “unha institución cultural, etnográfica e turística de primeiro nivel, e un dos museos de referencia do mundo rural galego”.

Coa publicación desta obra, A Casa do Patrón reforza a súa importancia como espazo museístico, que alberga máis de 4.500 apeiros que representan uns 80 oficios artesáns, en cuxo recinto está tamén o castro de Doade, con importantes achados que datan de entre os séculos V a.C. e II d. C.

 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome