Alumnos composteláns lembran en Gres a Neira Vilas no segundo aniversario do seu pasamento

O autor de "Memorias dun neno labrego" falecera o 27 de novembro de 2015 en Vila de Cruces

198
Vintedous espantallos configuran a mostra "Espantallo amigo"
Publicidade

O 27 de novembro de 2015 falecía en Gres (Vila de Cruces) Xosé Neira Vilas, autor do que posiblemente sexa o libro en galego máis lido: “Memorias dun neno labrego”. Co gallo desta efeméride, hoxe un grupo de alumnos de cuarto curso de Primaria do Colexio Divino Maestro de Santiago de Compostela visitou a parroquia cruceña de Gres para lembralo e renderlle unha homenaxe no segundo aniversario do seu pasamento.

Logo dunha ofrenda floral no cemiterio parroquial, na sepultura do escritor, a sala de actos Luís Seoane da Fundación Neira Vilas acolleu a inauguración da exposición “Espantallo amigo”, inspirada nesa obra do escritor cruceño, e a proxección dun pequeno avance do documental “Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas”, promovido por Aser Álvarez, director de Arraianos Producións.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome