Antonio Lamas, que presidirá a AED ata 2022, incorpora sete caras novas á directiva

Meritxell Silva, Manuel Salgueiro, Beatriz Canda, Alejandro Iglesias, Brais Pérez, Óscar Míguez e María Luz Torreiro son as novidades

1023
O presidente en funcións da AED, Antonio Lamas, (á dereita) no mes de marzo en Madrid con Alejandro Iglesias e Luis Alberto Guerreiro, que representarán ao sector da hostalaría na nova directiva
Publicidade

 

O prazo de presentación de candidaturas á presidencia da Asociación de Empresarios de Deza (AED) pechouse onte cunha única candidatura formalizada: a encabezada polo actual presidente en funcións, Antonio Lamas Carral, e que consta dun total de 15 integrantes, catro deles como suplentes. Ao cumprir esta lista os requisitos establecidos nos estatutos e ao non rexistrarse candidaturas alternativas non será preciso votar e Antonio Lamas quedará proclamado oficialmente presidente ata o ano 2022 na asemblea extraordinaria do vindeiro día 27.

Para afrontar este terceiro mandato como presidente, Antonio Lamas (Segurlamas) conformou a seguinte candidatura: David Campos Cortés (Nucamsa), vicepresidente; Karen Fernández Lamela (Karen), secretaria; Adolfo Meijide Otero (Autocares Meijide), tesoureiro; e como vogais, Meritxell Silva García (Colorín Colorado), José Julio Hermida Diéguez (Prefabricados Faro), Manuel Salgueiro González (Arlit Diseño e Impresión), Beatriz Canda Rodríguez (Almacenes Canda), Luis Alberto Guerreiro González (Pensión Las Palmeras), Alejandro Iglesias Vázquez (Cabanas Restaurante) e Brais Pérez García (SAT Casagrande). Como suplentes figuran José Manuel Pereiras López (Lalín Móvil), Secundino Jar Pereira (Carpintería Jar Novoa), Óscar Míguez Castro (Maxideza) e María Luz Torreiro Otero (Lencería Lilas).

É dicir, ademais de Antonio Lamas, continúan sete membros da directiva saínte, se ben José Manuel Pereiras e Secundino Jar fano na condición de suplentes. Ao respecto, o presidente en funcións salientou que os directivos que non repiten –Abel Vila, Eva García e Benito Saavedra– é “principalmente por falta de tempo para adicarlle á asociación” e agradeceulles “como presidente e como compañeiro tódalas horas e o traballo realizado nos últimos anos”. Ás novas incorporacións pediulles “que na medida das posibilidades de cada un contribúan a porlle voz a tódolos concellos da Comarca de Deza e a defender os intereses dos diferentes sectores representados na directiva, como son a industria agroalimentaria, o agro, os servizos, o comercio, a hostalaría, o transporte e a construción”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome