Carpintería Estelar instala 1.400 ventás na reforma do edificio da Xunta de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde estradense, José López, visitaron esta fábrica que xa dá emprego a 60 persoas

16
José López e Alfonso Rueda, no centro, acompañados por responsables de Carpintería Estelar durante a visita á fábrica
Publicidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde da Estrada, José López Campos, visitaron hoxe a fábrica de Carpintería Estelar, onde puxeron en valor a importancia do sector da madeira en Galicia polo seu papel como dinamizador económico, moi especialmente no medio rural.

Carpintería Estelar é unha empresa familiar que está a encargarse agora mesmo da substitución das máis de 1.400 ventás do complexo administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, onde se está acometendo unha reforma que conta cun investimento de máis de 6 millóns de euros e que beneficiará aos seus 2.000 traballadores e a toda a cidadanía que se achega a estas instalacións.

Nestas fiestras estase a empregar madeira de castiñeiro, que foi elixida polo seu bo comportamento enerxético, polo seu valor estético, e porque a madeira é un dos materiais con maior presente e futuro na construción galega.

Proba do bo comportamento e oportunidades de futuro do sector forestal son os datos acadados en 2017, cando se bateu o récord histórico de corta de madeira en Galicia, de onde procede a metade de toda a madeira que se corta en España. Ademais, Galicia lidera -xunto con Cataluña- as exportacións de madeira a nivel estatal. En total, o sector forestal representa case o 2 por cento do PIB galego, e xera máis de 20.000 empregos directos e outros 50.000 indirectos.

Por iso, a Xunta está a apostar por este sector a través de diversas vías como o uso de material en edificios públicos, como se está a facer en San Caetano; e tamén a través de axudas por un importe que suma 11 millóns de euros consignados este ano para a incorporación de maquinaria, mellora de procesos e produtos e formación especializada.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome