Eduardo Rodríguez, gañador do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

164
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira -primeiro pola esquerda-, acompañado de membros do xurado no Paseo do Espolón
Publicidade

 

Os membros do xurado do XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que convoca o Concello de Padrón e que ten unha dotación económica de 1.200 euros, unha estatuiña de Maruxa Villanueva e un diploma, acordaron concederlle este galardón a Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”.

Nesta edición, o xurado estivo conformado pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, como presidenta; como vogais, a escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia Inma López Silva; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernandez; o dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, membro do Consello Asesor do Centro Dramático Galego e membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro, Alfonso Becerra Rojo; o profesor da Escola Superior de Arte Dramático Roberto Pascual Rodríguez; a actriz, doutora universitaria e especialista en teatro de obxectos Comba Campoy García; e a animadora social do Concello de Padrón, María Cruz Taboada Álvarez, como secretaria.

Segundo o criterio do xurado, “Tatán” resultou merecente do galardón pola súa “longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos”, así como pola súa contribución “á construción dun teatro de títeres galego moderno”. “A carón de Tanxarina Títeres proxectou internacionalmente a produción galega de teatro de obxectos, con especial atención á lusofonía”, destacou o xurado. Ademais, valorou “o seu traballo de base en Redondela, onde contribuíu á creación de novos públicos para o teatro a través da Mostra Internacional de Títeres de Redondela” e incidiu en que “proba de todo isto pódese atopar na Galiña Azul, o seu último espectáculo estreado en 2017″.

A concelleira de Cultura e presidenta do xurado adiantou que o acto de entrega do premio levarase a cabo no mes de novembro en Padrón, coincidindo coa apertura da programación do Outono Cultural.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome