Educación convocará 2.050 prazas de docentes en 30 especialidades tras un acordo cos sindicatos

183
Publicidade

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presentou hoxe á mesa sectorial do ensino non universitario a proposta de oferta pública de emprego para o ano 2018, que constará de 2.050 prazas en 30 especialidades diferentes.

Con esta convocatoria, a consellería pretende seguir avanzando na diminución da taxa de interinidade dos corpos docentes, que, cun 13 por cento, é xa a máis baixa de todo o Estado.

Segundo informou a propia consellería, a decisión de incrementar o número de prazas da convocatoria -desde as 1.919 anunciadas inicialmente ata as 2.050 que se convocarán finalmente- foi adoptada tras negociar e consensuar as peticións dos membros da Comisión de Seguimento do Acordo de Estabilización de Emprego, co fin de acadar o antes posible a diminución da taxa de interinidade ata un 6%, aproximadamente.

A distribución de prazas por especialidade queda como segue:

Ingreso

Corpo de profesores de ensino secundario

ESPECIALIDADE
PRAZAS
Lingua Castelá e Literatura
75
Xeografía e Historia
65
Matemáticas
153
Física e Química
88
Bioloxía e Xeoloxía
60
Inglés
50
Orientación Educativa
35
Tecnoloxía
65
Lingua Galega e Literatura
75
Intervención Sociocomunitaria
20
Organización e Xestión Comercial
25

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

15

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

15
Procesos Sanitarios
22
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
25
TOTAL
788

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

ESPECIALIDADE
PRAZAS
Estética
20

Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos

20
Operacións de Produción Agraria
18

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

16
Procedementos Sanitarios e Asistencias
40
Procesos Comerciais
24
Servizos de Restauración
22
TOTAL
160

Corpo de mestres

ESPECIALIDADE
PRAZAS
Educación Infantil
110
Lingua Estranxeira: Inglés
50
Lingua Estranxeira: Francés
50
Educación Física
55
Música
35
Pedagoxía Terapéutica
75
Audición e Linguaxe
90
Primaria
240
TOTAL
705

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas

PRAZAS

Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas

105
TOTAL
105
Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de ensino secundario

ESPECIALIDADE
PRAZAS
Lingua Castelá e Literatura
25
Xeografía e Historia
22
Matemáticas
52
Física e Química
29
Bioloxía e Xeoloxía
21
Inglés
18
Orientación Educativa
12
Tecnoloxía
22
Lingua Galega e Literatura
23
Intervención Sociocomunitaria
6
Organización e Xestión Comercial
8

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

5

Procesos Diagnósticos Clínicos e Productos Ortoprotésicos

5
Procesos Sanitarios
6
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos
8
TOTAL
262
Acceso desde o Subgrupo A1 ao Subgrupo A1

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

PRAZAS
Inglés
30
TOTAL
30

 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome