Ethel Vázquez urxe a Fomento a solucionar os sobreprezos na peaxe da AP-53

Considera "intolerable" que se estean a cobrar 3,60 euros polo treito de autoestrada entre Lalín e Silleda, cuxa peaxe está estipulada en 2,45 euros, e reclama a devolución dos cartos aos usuarios afectados

82
A conselleira Ethel Vázquez, hoxe, durante unha visita a Portosín
Publicidade

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, urxiu hoxe ao Ministerio de Fomento a corrixir de forma inmediata os sobreprezos que se están a cobrar nas peaxes da autoestrada Santiago-Lalín. A conselleira informou que onte mesmo se dirixiu ao Ministerio de Fomento para demandar que actúe coa máxima celeridade para solucionar esa situación, solicitude que foi reiterada no día de hoxe e na que se pediu tamén a intervención do delegado do Goberno en Galicia.

Para a conselleira que os usuarios da autoestrada de titularidade estatal AP-53 estean a pagar sobreprezos nos percorridos entre Lalín e Silleda é unha situación “intolerable” polo que considera que o Ministerio de Fomento, ademais de arranxalo, debe dar explicacións aos usuarios.

Vázquez Mourelle explicou que cando se coñeceron as denuncias dos usuarios a través dos medios de comunicación, persoal da Consellería de Infraestruturas se desprazou á zona e puido acreditar que, efectivamente, nos percorridos entre Lalín e Silleda se está a cobrar unha peaxe de 3,60€, cando o custo estipulado para ese percorrido e de 2,45€.


En declaracións aos medios, a conselleira sinalou que resulta “sorprendente” que tivese que ser a Xunta de Galicia a primeira Administración en desprazarse para comprobar esa situación, en lugar de facelo o Ministerio de Fomento que é a administración titular desa autoestrada. De feito, subliñou, a resposta do Goberno de España á Xunta foi solicitarlle documentación acreditativa de que se estaba a producir ese sobrecusto nas peaxes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome