Axentes da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) entrando nun dos domicilios
Publicidade

A Garda Civil aportou hoxe novos detalles da macrooperación internacional contra o tráfico de drogas que o pasado mes de agosto levou a axentes da Unidade Central Operativa (UCO) a rexistrar un chalé situado na parroquia estradense de Toedo e a aprehender máis de 850 quilogramos de cocaína noutra vivenda de Vedra.

O balance global desta investigación que comezou en 2016 deixa a interceptación de preto de catro toneladas de cocaína, máis de 13 millóns de euros en efectivo intervidos e 105 quilogramos de haxix, 18 vehículos de alta gama e tres embarcacións requisadas. Ademais, efectuáronse 40 detencións (34 homes e 6 mulleres de nacionalidades española, británica e marroquí) en Girona, na provincia de Pontevedra, en Madrid, en Melilla e en Marrocos.

A Garda Civil salienta que para conseguir desartellar esta organización delictiva foi precisa a colaboración da DEA estadounidense, a Oficina Alemana de Investigación Aduaneira (ZKA), a Policía Alemana, os Carabinieri italianos e a DGST marroquí.

Segundo informa a Garda Civil, a droga incautada no verán nunha vivenda de Vedra estaba destinada á súa distribución no Reino Unido a través das provincias de Alicante e Girona. Este subgrupo, que gardaba relación co chalé alugado na parroquia estradense de Toedo e que foi rexistrado no mes de agosto, empregaba unha autocaravana para o transporte da droga, así como vehículos lanzadeira para evitar ser detectados.

Imaxe do portal Idealista, no que se anuncia o aluguer do chalé da parroquia estradense de Toedo que foi rexistrado en agosto por axentes da UCO
Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome