Medio cento de alumnos reciben os Premios Extraordinarios de Bacharelato, F.P. e Ensinanzas Artísticas Profesionais

A conselleira Carmen Pomar destacou o compromiso do seu departamento cun ensino que consiga o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidade de todo o alumnado

81
A conselleira Carmen Pomar, no centro, xunto cos alumnos/as premiados/as
Publicidade

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, de FP de grao superior e das Ensinanzas Artísticas Profesionais. Nun acto celebrado no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, a conselleira sinalou aos galardoados como “a proba de que á excelencia non se chega polo camiño fácil”. “Hoxe recoñecemos os vosos méritos excepcionais, baseados no esforzo e no traballo que vos trouxo ata aquí”, dixo a conselleira, que quixo tamén salientar “o mérito das vosas familias e os vosos docentes”, sen o que o éxito académico dos premiados non sería posible.

Carmen Pomar reafirmou o compromiso do seu departamento cun sistema educativo que consiga o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades de todo o alumnado. “Traballamos para vós e para os vosos compañeiros que non están hoxe aquí, pero que tamén se esmeran de firme na súa educación, aínda que non acaden estes resultados excelentes”, salientou.

No caso dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (correspondentes ao curso 2017/18), recibiron hoxe o galardón as seguintes alumnas e alumnos:

Persoa premiadaCentro educativo
Ángela Carballal BarcaColexio Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela
Pedro López Vázquez de PargaColexio Plurilingüe Santa María, Ourense
Enrique Salvado VigoIES Antonio Fraguas Fraguas, Santiago de Compostela
Pablo Pereira AngueiraColexio Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela
Hugo Paz PrietoIES Saturnino Montojo, Ferrol
Alejandro Recouso FerreiroColexio Plurilingüe Liceo la Paz, A Coruña
Irene Fraga CuñaIES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela
Pablo Vidal FernándezColexio Plurilingüe Mariano, Vigo
Carlos Ben ArribíIES Valle-Inclán, Pontevedra
Paula Gavilán SuárezIES Manuel Murguía, Arteixo
Hernán Miguel Comesaña CayetanoIES Castelao, Vigo
Carmen Pavón SoutoIES Plurilingüe San Rosendo, Mondoñedo
Lara San Martín SuárezIES Valle-Inclán, Pontevedra
Eva Diz FerreiraColexio Plurilingüe Apóstol Santiago, Vigo
Alexander Vidal ZhukovaIES A Xunqueira II, Pontevedra
Alejandro González SantosIES Nº 1, Ribeira
Claudia Lamas FernándezIES Terra de Trasancos, Narón
Iria Sanjuán CasanovaIES Concepción Arenal, Ferrol
Martín Pereira ChapelaIES Johan Carballeira, Bueu
Ana María Beloso CalvarIES Gonzalo Torrente Ballester, Pontevedra

Pola súa parte, acadaron galardón en FP de grao superior (curso 2016/17) os seguintes titulados:

Familia profesionalPersoa premiadaCentro educativo
Actividades físicas e DeportivasManuel Matos ZasColexio Santa Apolonia, Santiago de Compostela
Administración e xestiónJorge Caeiro LópezIES As Fontiñas, Santiago de Compostela
AgrariaJesús Regal RodríguezIES Cidade de Antioquía, Xinzo de Limia
Artes gráficasFernando Pérez BarralIES Leixa, Ferrol
Comercio e MárketingEstefanía Villasante VázquezCIFP As Mercedes, Lugo
Edificación e Obra CivilCristina Aneiros LópezCIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, Ferrol
Electricidade e ElectrónicaDiego Fernández SantosIES Monte Neme, Carballo
Enerxía e AugaÁngel Canle PazIES Universidade Laboral, Culleredo
Fabricación MecánicaJuan José Oti OrozcoCIFP Ferrolterra, Ferrol
Hostalaría e TurismoMaría Triñanes CostaCIFP Carlos Oroza, Pontevedra
Imaxe e SonLuna Sánchez PalacioCIFP Imaxe e Son, A Coruña
Imaxe PersoalRosa María Portas TatoIES de Teis, Vigo
Industrias AlimentariasAlba Viturro VidalCIFP Coroso, Ribeira
Informática e ComunicaciónsCarlos Rodríguez FernándezIES San Clemente, Santiago de Compostela
Instalación e MantementoCristina Villar PazosCIFP Politécnico, Santiago de Compostela
Madeira, moble e CortizaEstaban Fernández AlonsoCIFP Valentín Paz Andrade, Vigo
Marítimo-pesqueiraLuis Fernando López EdreiraIES Universidade Laboral, Culleredo
QuímicaSara Refojo SecoCIFP Politécnico, Santiago de Compostela
SanidadeAna Aránzazu Incera AresIES Montecastelo, Burela
Seguridade e ambienteIsabel Cabrera TilveCIFP A Granxa, Ponteareas
Servizos Socioculturais é á ComunidadeAmparo Ginés DomínguezCIFP Ánxel Casal-Montealto, A Coruña
Téxtil, Confección e PelCarmen Campos CasqueiroCIFP Manuel Antonio, Vigo
Transporte e Mantemento de VehículosSergio Rodríguez santosCIFP Coroso, Ribeira

E por último, os premiados en Ensinanzas Artísticas Profesionais (curso 2017/18) foron:

ModalidadePersoa premiadaCentro educativo
MúsicaAnxo Fernández AriasConservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Lugo
MúsicaIria Fernández SilvaConservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Lugo
MúsicaMencía Resch PérezConservatorio Profesional de Música da Coruña
DanzaMarta Placer LemaConservatorio Profesional de Danza da Coruña
Artes PlásticasLidia Alonso SánchezEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, Santiago
Artes PlásticasXulia Pisón EgeaEscola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, A Coruña
Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome