O Concello da Estrada convoca o trixésimo Premio de Novela Manuel García Barros

O prazo de entrega dos orixinais remata o vindeiro 4 de maio e a dotación económica do premio mantense en 9.000 euros

399
Hai cinco anos, coincidindo co XXV Premio de Novela, reuníronse na Cidade da Cultura a meirande parte dos autores premiados ata entón
Publicidade

 

O Departamento de Cultura do Concello da Estrada anunciou esta semana a convocatoria do Premio de Novela Manuel García Barros “Ken Keirades”, que alcanza nesta edición as tres décadas de vida.

Os autores e autoras interesados/as en concorrer a este certame dispoñen ata o vindeiro día 4 de maio para presentar as súas novelas por sextuplicado no Concello da Estrada. Os textos deberán ser orixinais e estar escritos en galego normativo, non podendo presentarse os gañadores/as das últimas cinco edicións do premio.

Segundo consta nas bases da convocatoria, a dotación económica do “García Barros” mantense en 9.000 euros para o único premio establecido, que non poderá dividirse, aínda que si poderá declararse deserto se o xurado o considera pertinente.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome