O GES de Padrón recibe da Axega dous traxes especiais para combater as vespas velutinas

313
O concelleiro de Emerxencias entregoulle os traxes aos efectivos do GES
Publicidade

O concelleiro de Emerxencias de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, fíxolle entrega ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de dous traxes de protección individual (EPIS) aportados pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) ao Concello de Padrón para loitar contra as vespas velutinas.

Este equipamento foi concedido pola Axega en virtude dun convenio de colaboración asinado a finais de setembro polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, co vicepresidente da Axega, Luis Menor. Ángel Rodríguez Conde salienta que “esta dotación de equipamento de protección mellora as condicións de traballo dos efectivos do GES”, que no que vai de ano levan retirados un total de 285 niños de vespa velutina.

Ao respecto, o concelleiro de Emerxencias precisa que “debido ao elevadísimo número de alertas pola aparición de niños, actualmente o tempo media de espera para que o GES proceda á eliminación atópase en tres semanas, se ben a aqueles casos de máximo risco para as persoas dáselle prioridade absoluta e a resposta é practicamente inmediata”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome