O XXIV Rallye do Cocido abrirá os días 16 e 17 o Campionato de España de Rallyes

1217
O centro Hipercor de Santiago de Compostela acolleu unha das presentacións do Rallye do Cocido
Publicidade

 

A Escudería Lalín Deza, organizadora do XXIV Rallye do Cocido, proba puntuable por primeira vez para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto, está a intensificar nas últimas semanas a promoción desta carreira, que agarda reunir en Lalín os días 16 e 17 de marzo a milleiros de afeccionados.

Se hai uns días era o Centro Comercial Hipercor de Santiago de Compostela o que acollía unha presentación, onte foi o Concello de Lalín, nunha rolda de prensa que, ademais dos representantes municipais, contou coa presenza da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez.

Na súa intervención, Míguez aplaudiu “o traballo ben feito da Escudería Lalín-Deza”, que posibilita que “agora sexan tres as probas nacionais, xunto ao Rallye de Ourense e o de Ferrol, que se disputan en Galicia, das 11 que conforman o Campionato de España”.

Na súa opinión, con esta proba Galicia consolídase como “referente nacional do automobilismo grazas ao seu nivel organizativo, aos trazados dos percorridos que esixen o mellor dos pilotos, á afección intensa e responsable e aos pilotos como Iván Ares e José Antonio Pintor, campións de España en 2017″.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome