Padrón, Ames e Brión potenciarán a proxección turística da Ruta Rosaliana

Acordan solicitar achegas para sinalización e traballar na definición do percorrido para realizar a ruta a pé ou en bicicleta preto do cauce do río Sar

155
Os representantes dos departamentos de turismo de Padrón, Ames e Brión reuníronse no Centro Social padronés
Publicidade

Representantes das concellarías e dos departamentos municipais de Turismo de Padrón, Ames e Brión mantiveron unha reunión de traballo no Centro Social padronés para abordar a estratexia de colaboración a seguir para potenciar os atractivos e a proxección da Ruta Rosaliana coa finalidade de captar novos fluxos turísticos.

Á espera de que o Concello de Santiago poida sumarse tamén a esta nova fase de potenciación da Ruta Rosaliana, os representantes municipais de Padrón, Ames e Brión acordaron acollerse a liñas de subvencións para solicitar achegas que permitan incrementar a sinalización dos diferentes lugares que percorre dita ruta.

Ademais, en colaboración con Galicia Es+, tamén decidiron comezar a traballar na definición dun percorrido máis exhaustivo que permitiría realizar a Ruta Rosaliana a pé ou en bicicleta, seguindo de preto o cauce do río Sar “para engadirlle aos valores históricos e culturais da ruta a beleza e riqueza da natureza e da paisaxe dos lugares polos que transcorre”.

Segundo apuntou a concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, “a idea é potenciar os atractivos da Ruta Rosaliana e convertelo nun paquete específico que poida atraer a medio e longo prazo a un maior número de turistas que buscan alternativas na contorna de Santiago de Compostela e concretamente que estean vinculadas á cultura local”.

 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome