“Primeiro persoas, despois futbolistas”, a réplica do C.D. Rois

264
Publicidade

 

Co paso dos días, e especialmente tras a petición pública de desculpas por parte do presidente do Ulla Pontecesures, Ricardo Somoza, a polémica iniciada o pasado sábado cos xuvenís de Segunda Autonómica (Grupo 6º de Santiago) do C.D. Rois vai amainando e os ánimos vanse calmando.

Despois dos desafortunados e insultantes cánticos de celebración que os xogadores do Ulla Pontecesures proferiron contra o equipo veciño ao remate do encontro desde os vestiarios tras gañar o partido por 2-1, o máximo responsable do club emitía un comunicado lamentando o acontecido e desculpándose por uns feitos dos que aseguraban sentirse “sinceramente avergoñados”.

Aínda que nas redes sociais esas desculpas foron aceptadas, o C.D. Rois difundiu onte un comunicado de réplica mantendo certo tono crítico co acontecido e apelando á educación como persoas antes da formación e da competitividade como futbolistas. “Primeiro persoas, despois futbolistas” é a frase coa que remata o comunicado e que ben podería converterse nun slogan para aplicar non só neste caso, senón noutros semellantes, e incluso peores, acontecidos recentemente en partidos de categorías base en Galicia en lugares como Cambados, etc.

Reproducimos aquí o comunicado íntegro:

Comunicado difundido onte pola xunta directiva do C.D. Rois a través das redes sociais
Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome