Zasca do grupo Tequexetéldere á “Global muiñeira” de Gadis

Cuestionan que "os e as bailadoras" que aparecen no spot publicitario non sexan "bailadores de tradicional e non con bases de ballet"

484
Esta captura de Youtube amosa que o vídeo da "Global Muiñeira" suma máis de 140.000 visualizacións
Publicidade
Nunca chove a gusto de todos. Esta frase tan galega que mesmo podería servir de slogan para unha futura entrega da famosa serie de anuncios publicitarios “Vivamos como galegos”, podémoslla aplicar hoxe ás valoracións que o grupo folclórico Tequexetéldere vén de facer sobre o vídeo da “Global Muiñeira” que Gadis lanzou hai uns días.
Esta nova megacampaña de Gadis, que leva máis de 140.000 visualizacións en Youtube en poucos días, relata a historia de “dous teimudos perdidos que se empeñaron en que todo o planeta bailase muiñeira” e que pensan que “todo galego debería saber polo menos cinco pasos de muiñeira”.

 

 

Respecto á idea orixinal do anuncio, desde Tequexetéldere non fan ningunha apreciación, pero como defensores a ultranza que son do baile tradicional galego, si cuestionan o feito de que “os e as bailadoras que saen no vídeo” non sexan “bailadores de tradicional e non con bases de ballet”. “Non cremos que os nosos maiores, de quen moitas agrupacións bebemos e aprendemos as verdadeiras muiñeiras globais, bailaran co estilo e formas dos mestres do ballet. Non temos nada en contra deses grandes bailadores que saen no seu  último spot publicitario, pero cada cousa é para o que”, apunta Tequexetéldere na súa páxina de Facebook.
Comentario de Tequexetéldere na súa páxina da rede social Facebook
O certo é que a crítica non é áceda nin moito menos, pero tendo en conta que esta campaña de Gadis busca reforzar a vinculación da marca coa nosa terra e coas tradicións, a realidade é que esta apreciación do grupo folclórico supón un zasca en toda regla.
Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, escribe o teu comentario
Por favor, escribe aquí o teu nome